![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/lista-13e18d1.jpeg)
“É moi importante que o 12X cambie o lento decaemento que non merece esta terra”, di o ministro Illa en apoio de Gonzalo Caballero
O titular de Sanidade di que os datos que coñece sobre o coronavirus en Galicia “son os que me traslada a Comunidade”
O titular de Sanidade di que os datos que coñece sobre o coronavirus en Galicia “son os que me traslada a Comunidade”
Feijóo só apoiaría unha nacionalización temporal de Alcoa se é para volver privatizala pronto, unha vez resolto o problema enerxético
O Goberno galego permite que a asociación Clúster de Turismo de Galicia, en cuxas mans vén deixando o deseño e execución das políticas públicas, participe na selección de establecementos e no funcionamento do programa
Gómez Reino chama á mobilización progresista e asegura que o voto á coalición "é dobremente decisivo" porque resta tamén ao PP. Os ministros Pablo Iglesias e Yolanda Díaz únense a fin de semana á campaña galega.
A candidata do BNG proponse reverter "once anos nos que o PP deixou de lado a política pública de vivenda", con só catro novos pisos protexidos o pasado ano e unha vintena en toda a lexislatura. Anuncia en Ferrol "un imposto ás vivendas baleiras de fondos voitre e entidades bancarias que estean desocupadas durante máis de dous anos sen causa xustificada"
Caballero pon o foco na capacidade de xestión dos socialistas en todo tipo de administracións e reúnese cos tres reitores acompañado polo ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque
Na súa terceira intervención na carreira electoral galega, segunda en campaña, Casado botou man de metáforas taurinas para preguntarse "a que vén" Pedro Sánchez a Galicia. Tras a visita do líder popular, o seu número dous, García Egea, acudiu tamén á provincia lucense, onde atribuíu a Feijóo a salvación de "miles de vidas" pola realización de test rápidos do coronavirus
O Goberno mexicano advirte de que Lozoya "dará a coñecer todo o que sucedeu" na petroleira. PSdeG, BNG e Galicia en Común advirten da "grande estafa" do acordo da empresa estatal coa Xunta e demandan aclarar a relación cos investigados.
As 140 organizacións que integran EAPN-Galicia presentaron as súas demandas ás formacións políticas que concorren ás eleccións, con lemas como "as persoas primeiro" ou “somos persoas, non expedientes”, co que piden reducir a actual burocracia na concesión de axudas.
O socialista Gonzalo Caballero cre que, no debate da TVG, Feijóo "quedou sobrepasado pola realidade dun país que quere cambio" e Gómez-Reino, de GeC, coida que o encontro "evidenciou non só que hai partido, senón que se iniciou a remonta definitiva das forzas da esquerda". Ana Pontón, candidata do BNG, reclama ao aspirante á reelección que participe en máis debates: "Que non fuxa, sabemos que non lle gustan, pero é un dereito da cidadanía"
A audiencia da Galega puido observar unha versión de Feijóo pouco vista nestas pantallas e mesmo, nalgún intre, puido velo fóra de xogo fronte a Caballero, Pontón e Gómez-Reino, que procuraron construír ante o electorado a imaxe dunha Xunta dirixida pola esquerda nun encontro constrinxido polo seu formato, con escasa marxe para o contraste de propostas