O PP logra a cuarta absoluta e o BNG liderará a oposición tras triunfar na esquerda
Alberto Núñez Feijóo logra a fazaña fraguista que buscaba e Ana Pontón liderará a oposición co grupo parlamentario máis amplo da historia do BNG. O PSdeG fica estancado no que fora o seu peor resultado e o fracaso de Galicia en Común fai que a 'esquerda rupturista' desapareza do Parlamento