- Interactivo Coronavirus Galegas 2020
- Política
O coronavirus paira sobre uns comicios marcados pola incerta mobilización do electorado
As eleccións do vindeiro domingo preséntanse como as máis incertas dos últimos anos en Galicia ante as dúbidas do efecto que a pandemia terá sobre a participación. Nos últimos anos a esquerda viuse prexudicada pola escasa activación do seu electorado nas zonas urbanas nos comicios ao Parlamento galego, moi inferior ao que se dá as eleccións xerais.