'Falamos de Memoria', no Portiño para recuperar a historia das fuxidas por mar e o intento de evasión de 1937
O quinto episodio da serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade trasládase aos cantís baixo o Monte de San Pedro para abordar as redes clandestinas de fuxida por mar tras o golpe e e a tentativa frustrada en marzo de 1937, así como a transformación do lugar. Os investigadores Dionisio Pereira, Emilio Grandío e Inés Merayo explican a importancia do anarcosindicalismo coruñés, o papel dos mariñeiros e das mulleres anarquistas nos primeiros instantes do golpe e o clima de persecución na cidade en 1937. Co escultor Pepe Galán coñecemos a intervención artística do monumento ás vítimas do Portiño
