Membros de todos os grupos do Parlamento poñen a vacina da gripe para animar a cidadanía a solicitala e subliñar a súa importancia nun inverno que virá marcado pola confluencia deste virus coa COVID-19. Na imaxe, a vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, en presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
- María José Pereira, xefa de Medicina Preventiva do CHUAC: ″Cómpre poñer esforzos en enfermar o menos posible da gripe; a combinación coa COVID-19 pode complicar moito a situación"
