Unha mancha de fuel fai activar o plan anticontaminación na ría de Arousa. O vertido ten unha extensión de 1.300 por 500 metros e foi avistado por un avión de Salvamento Marítimo. Ampliamos a información neste espazo

Unha mancha de fuel fai activar o plan anticontaminación na ría de Arousa. O vertido ten unha extensión de 1.300 por 500 metros e foi avistado por un avión de Salvamento Marítimo. Ampliamos a información neste espazo
Sabela Ramos Garea gaña o Premio Ada Byron, que todos os anos outorga o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) coincidindo co Día Internacional Ada Lovelace co obxectivo de enxalzar os logros das mulleres en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas e alentar as novas xeracións de rapazas a realizar estas carreiras. Despois de estudar na UDC e en Zürich, Sabela Ramos é na actualidade enxeñeira en Google Research e forma parte do colectivo Google Women in Engineering, que estimula a presenza feminina no sector TIC.
PSOE, PP e BNG apoian no Congreso unha intervención temporal da planta de Alcoa na Mariña. Os tres partidos pactaron instar o Goberno central á nacionalización da fábrica "o máis axiña posible" para garantir a actividade e os empregos, ao fío dunha iniciativa do Bloque na comisión de Industria. Ampliamos a información neste espazo
Este martes comeza o V Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se desenvolverá ata o sábado 17 na cidade olívica. Faino coas proxeccións de Crip Camp: a disability revolution e de De chaque instant, un filme do francés Nicholas Philibert dedicado ao persoal sanitario.
O Observatorio da Mariña Pola Igualdade organiza o vindeiro domingo 18 en Xove a xornada 'Embegonhadas 2020', unha "mullerenaxe" a Begoña Caamaño, finada hai seis anos. O acto busca “poñer en valor o legado cultural da feminista”, así como seguir “a senda de sororidade que deixou cos seus escritos”
A Xunta admite, tras o conflito en Brión, que modificará a normativa dos comedores escolares para que poidan ser coidadoras "persoas alleas ás familias dos escolares". Avanzouno o conselleiro Román Rodríguez en declaracións á Radio Galega. Esta semana, tras a mobilización das familias, Educación accedeu a que un colexio brionés poida incorporar persoal contratado polo Concello para habilitar unha segunda quenda de comedor e así cumprir as medidas da COVID-19 sen deixar fóra do servizo a case 200 estudantes.
Que modelo de Estado prefire a poboación? Que valoración reciben o actual xefe do Estado e o seu pai? Mañá, ás 8 da mañá, os 16 medios impulsores da enquisa sobre a monarquía, entre eles Praza.gal, publicaremos os resultados do inquérito, financiado mediante micromecenado e elaborado polo Instituto 40dB para a Plataforma de Medios Independentes.
Lugo e Ferrol celebran o vixésimo aniversario do irmandamento coa recepción á corporación ferrolá no Concello lucense que é tradición nas festas do San Froilán, este ano convertidas en semana cultural por mor do coronavirus. Esta recepción celébrase en Ferrol polo San Xiao. Na imaxe, acto institucional celebrado este sábado, presidido pola alcaldesa lucense, Lara Méndez, e o rexedor ferrolán, Ángel Mato.
O luns día 12, ás 8 da mañá, os medios impulsores da enquisa sobre a monarquía, entre eles Praza.gal, publicaremos os resultados do inquérito, o maior ao respecto realizado ata o momento. O traballo demoscópico, financiado mediante micromecenado, foi elaborado polo instituto de opinión 40dB.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica o confinamento perimetral de Ourense e Barbadás e as demais medidas restritivas da Xunta na contorna para frear os contaxios do coronavirus. Ampliamos a información neste espazo