O Consello de Ministros saca a concurso a liña de bus Vigo-Madrid, operada ata agora por Avanza. A nova concesión será por nove anos e cun custo estimado de 54,1 millóns de euros. [Imaxe: Avanza]
Fálase
O Supremo cita a Baltar o 12 de decembro para unha "declaración voluntaria" na súa causa penal por conducir a 215 por hora un coche oficial da Deputación de Ourense. A maxistrada instrutora do procedemento aberto contra o agora senador aforado ofrécelle exercer o seu dereito de defensa cunha comparecencia ás 10 da mañá desa xornada.
Terceiro día consecutivo de atrasos e incidencias na rede ferroviaria galega, con demoras nas conexións entre Ourense e A Coruña e no Eixo Atlántico. Problemas en varios trens provocan traslados en autobús e atrasos a numerosos viaxeiros.
Israel e Hamas pactan unha "pausa humanitaria" de catro días que inclúe a liberación de reféns. A milicia palestina liberará 50 reféns e a cambio Israel fará o mesmo con 150 presos, todos menores de 19 anos ou mulleres. O pacto inclúe tamén a entrada de máis axuda humanitaria en Gaza. [Imaxe: Ashraf Amra, UNRWA]
O vigués Rubén Pérez será nomeado este mércores novo secretario de Estado no Ministerio de Xuventude e Infancia. A ministra Sira Rego sitúa como número dous o impulsor da Marea de Vigo e actual responsable de política municipal na dirección federal de Esquerda Unida.
Atrasos de case unha hora en varios trens en Galicia nunha nova xornada de incidencias na rede ferroviaria. Problemas nun tren que partía da Coruña cara a Ourense provocou demoras en varios traxectos a primeiras horas da mañá.
Centos de persoas volveron concentrarse este luns nunha trintena de cidades e vilas galegas contra a invasión israelí de Gaza, que xa provocou a morte de varios milleiros de palestinos, entre eles nenos e nenas nunha ampla porcentaxe. As concentracións, baixo o lema 'Non é unha guerra, é un xenocidio', foron convocadas por Mar de Lumes, Galiza por Palestina e BDS Galiza.
Atrasos de máis dunha hora e desvíos en autobús nunha nova xornada de caos nos trens do Eixo Atlántico. O ferrocarril que sae de Vigo a primeira hora sufriu unha importante demora e outros carecían de prazas suficientes. Na imaxe, pasaxeiros agardando en Vigo polo tren dirección A Coruña.
O ultradereitista Javier Milei gaña as eleccións presidenciais na Arxentina cun 55,7%. Logra a unión de todo o voto contrario ao peronismo.
Ante a prohibición de facer campaña en Castro Caldelas, onde nunha semana se repetirán as municipais, Rueda acode a unha comida con simpatizantes. O PP quixo organizar na vila un dos actos nos que o seu presidente invita a cervexas e conversa coa cidadanía na rúa, pero alí a repetición das eleccións non permite facer campaña electoral. Aínda así, o líder popular convocou un acto político na vila co seu candidato local a unha semana de que a cidadanía volva ás urnas