O ultradereitista Javier Milei gaña as eleccións presidenciais na Arxentina cun 55,7%. Logra a unión de todo o voto contrario ao peronismo.
Fálase
Ante a prohibición de facer campaña en Castro Caldelas, onde nunha semana se repetirán as municipais, Rueda acode a unha comida con simpatizantes. O PP quixo organizar na vila un dos actos nos que o seu presidente invita a cervexas e conversa coa cidadanía na rúa, pero alí a repetición das eleccións non permite facer campaña electoral. Aínda así, o líder popular convocou un acto político na vila co seu candidato local a unha semana de que a cidadanía volva ás urnas
PP e Vox maniféstanse en Madrid contra Pedro Sánchez dous días despois da súa investidura con maioría absoluta. Feijóo di que España perdeu o sentido común, a separación de poderes e o respecto á independencia xudicial.
Militares retirados piden nun manifesto que o Exército destitúa a Pedro Sánchez da presidencia e acusan o presidente do Tribunal Constitucional de falta de neutralidade, segundo conta infoLibre. Foto: © Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa.
Pedro Sánchez promete o cargo ante o rei por terceira vez sen crucifixo nin Biblia, tal e como fixo en xuño de 2018 e en xaneior de 2020. O presidente do Goberno de Esplaña cumpriu coa fórmula de prometer pola súa "conciencia e honor".
Grandes empresarios cargan contra a investidura de Sánchez e mesmo piden que sexa sometida a "unha consulta cidadá". Juan Roig, presidente de Mercadona, ou Vicente Boluda denuncian o clima política en España durante un acto en Madrid.
Rueda relativiza que a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, chamase "fillo de puta" a Pedro Sánchez. O presidente da Xunta di que "os insultos nunca son bos, pero é moito peor unha calumnia premeditada", e di que iso é o que fai constantemente Sánchez contra Ayuso, co que ao seu ver ela non puido conterse.
Aitor Esteban (PNV) ameaza con "contar algún día" o que o PP "ofreceu ao PNV hai dous meses" nas súas negociacións para unha posible investidura de Feijóo. "Ía ser chamativo", asegura o portavoz nacionalista, que reiterou a negativa a "facilitar un goberno que dependa dos votos de Vox".
Ás 9.00 retómase a sesión de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Pódese seguir aquí en directo.
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía polo PSOE, repite como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) coa nova constitución da súa asemblea tras os resultados das eleccións municipais de maio.