Grandes empresarios cargan contra a investidura de Sánchez e mesmo piden que sexa sometida a "unha consulta cidadá". Juan Roig, presidente de Mercadona, ou Vicente Boluda denuncian o clima política en España durante un acto en Madrid.
Fálase
Rueda relativiza que a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, chamase "fillo de puta" a Pedro Sánchez. O presidente da Xunta di que "os insultos nunca son bos, pero é moito peor unha calumnia premeditada", e di que iso é o que fai constantemente Sánchez contra Ayuso, co que ao seu ver ela non puido conterse.
Aitor Esteban (PNV) ameaza con "contar algún día" o que o PP "ofreceu ao PNV hai dous meses" nas súas negociacións para unha posible investidura de Feijóo. "Ía ser chamativo", asegura o portavoz nacionalista, que reiterou a negativa a "facilitar un goberno que dependa dos votos de Vox".
Ás 9.00 retómase a sesión de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Pódese seguir aquí en directo.
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía polo PSOE, repite como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) coa nova constitución da súa asemblea tras os resultados das eleccións municipais de maio.
A UE liquida en cinco minutos outro debate sobre a oficialidade do galego, o éuscaro e o catalán ao seguir pendente a avaliación legal, financeira e práctica da medida. A decisión segue adiándose á espera dos datos máis detallados sobre o seu impacto que piden os Estados comunitarios. Foto: Parlamento Europeo.
Alberto Varela, reelixido presidente da Fegamp para os vindeiros catro anos. O alcalde socialista de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, repetirá no cargo tras impoñerse a maioría socialista nas entidades locais durante a XI asemblea xeral da organización.
Este mércores levouse a cabo a cuarta xornada de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta en Galicia, un paro que os sindicatos convocantes cualifican de "éxito" e que foi acompañado de mobilizacións. As traballadoras protestan polo convenio colectivo asinado por algunhas organizacións e que, denuncian, non soluciona a "precariedade" do sector, non que boa parte do persoal apenas cobra o salario mínimo. Tras a xuntanza da mesa de negociación do vindeiro 24 de novembro CIG, CCOO e SNEP valorarán a convocatoria de novas xornadas de folga.
Pedro Sánchez anuncia a gratuidade do transporte público para menores e persoas paradas e a extensión da baixada do IVE aos alimentos ata o vindeiro mes de xuño. Tamén anunciou un novo estatuto dos traballadores e a redución da xornada laboral. Pode seguir aquí a primeira xornada da súa sesión de investidura.
Comeza a primeira xornada da sesión de investidura de Pedro Sánchez no Congreso dos Deputados. Pódese seguir aquí