Este domingo comezan en Irlanda os Xogos Mundiais de fútbol gaélico, nos que compite a selección galega masculina e feminina. Os dous combinados, patrocinados por PuntoGal, enfrontaranse en primeiro lugar a Arxentina e Bretaña. No 2016, nos xogos mundiais de Irlanda, o equipo feminino foi quinto e o masculino, terceiro. E o pasado ano a selección feminina foi campioa de Europa e os homes foron subcampións.
