Unidas Podemos confirma a súa abstención na segunda votación da investidura ao non existir acordo co PSOE, polo que Pedro Sánchez non será elixido. O pleno, ao vivo nesta ligazón
Fálase
PSOE e Unidas Podemos chegan á segunda votación da investidura de Pedro Sánchez coas negociacións rotas. Está a contalo eldiario.es
O maxistrado José María Gómez y Díaz-Castroverde, novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras a xubilación de Miguel Ángel Cadenas. O Consello Xeral do Poder Xudicial elixiuno con 13 votos fronte a 7 que recibiu Teresa Conde-Pumpido. O elixido foi membro do Consello Consultivo entre 1996 e 2007 e desde 2009 é presidente da sala do Contencioso Administrativo do TSXG. Este mércores tamén foi elixido Ignacio Picatoste como novo presidente da Audiencia da Coruña, tribunal do que forma parte desde 2005.
Persoal de R e Comfica, subcontrata do grupo, protestan contra os despedimentos e a deslocalización nunha primeira xornada de mobilizacións e folga. As decisións da empresa de telecomunicacións e do Santander ameazan máis dun cento de empregos na Coruña.
O PP propón a María Dolores Fernández Galiño, maxistrada da Audiencia da Coruña, como nova Valedora do Pobo en substitución da dimisionaria Milagros Otero. Os conservadores veñen de rexistrar a proposta para que sexa votada nun pleno extraordinario da Cámara galega. Fernández Galiño foi unha das integrantes do tribunal que abordou o xuízo do Prestige. Para que saia elixida cómpre o voto dun mínimo de 45 escanos, o que fai obrigatorio que a apoie cando menos un grupo da oposición.
En marcha dende a estación ferroviaria de Santiago a manifestación das vítimas do accidente de Angrois no sexto aniversario do sinistro. A mobilización é apoiada por todos os principais partidos políticos agás PP e PSOE. Consulta aquí toda a información
Centos de persoas secundaron a trintena de mobilizacións convocadas no serán do martes polos movementos feministas en repulsa polo asasinato dunha veciña de Vilalba a mans do seu ex-marido, sobre quen pensaba unha orde de afastamento. Na imaxe, a concentración vilalbesa.
Os movementos feministas galegos convocan máis dunha trintena de mobilizacións este serán en repulsa polo asasinato dunha veciña de Vilalba a mans do seu ex-marido, sobre quen pesaba unha orde de afastamento. Nesta listaxe en actualización a Marcha Mundial das Mulleres recompila todas as convocatorias.
A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, lamenta que no debate de investidura ninguén falase do procedemento de infracción que abriu a UE a España por incumprimentos de seguridade ferroviaria tras o accidente de Angrois. A nacionalista, que vén actuando como representante de feito das vítimas de Angrois ante as institucións comunitarias, avanza que se en setembro non hai avances na materia recorrerá á xustiza europea.
Pedro Sánchez fracasa na primeira votación da investidura e Unidas Podemos abstense como “xesto” para seguir negociando antes da segunda votación do xoves. Sánchez só conseguiu 124 votos (123 do PSOE e un dos rexionalistas cántabros) dos 176 que precisaba, fronte a 170 en contra e 52 abstencións. Na votación do xoves xa só necesita máis votos a favor que en contra.