A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, lamenta que no debate de investidura ninguén falase do procedemento de infracción que abriu a UE a España por incumprimentos de seguridade ferroviaria tras o accidente de Angrois. A nacionalista, que vén actuando como representante de feito das vítimas de Angrois ante as institucións comunitarias, avanza que se en setembro non hai avances na materia recorrerá á xustiza europea.
Fálase
Pedro Sánchez fracasa na primeira votación da investidura e Unidas Podemos abstense como “xesto” para seguir negociando antes da segunda votación do xoves. Sánchez só conseguiu 124 votos (123 do PSOE e un dos rexionalistas cántabros) dos 176 que precisaba, fronte a 170 en contra e 52 abstencións. Na votación do xoves xa só necesita máis votos a favor que en contra.
Boris Johnson gaña as primarias conservadoras e sucederá a Theresa May á fronte do goberno británico. Té con Gotas analizou na súa última entrega a mudanza no executivo do Reino Unido.
A escritora Berta Piñán, destacada defensora da oficialidade do asturiano, nova conselleira de Cultura e Política Llingüística no goberno do socialista Adrián Barbón.
A Xunta decreta a alerta laranxa por treboadas para a mañá deste martes en amplas áreas das provincias de Lugo e Ourense. Os detalles, no mapa de fenómenos adversos da Axencia Galega de Emerxencias,
A Mesa publica a conferencia Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua, que Ricardo Carvalho Calero pronunciou no encontro fundacional do colectivo. A publicación será impresa e, dende setembro, tamén dixital.
Feijóo reúnese co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e pídelle “concretar un proxecto viable” do parque acuático termal que vén propoñendo o líder de Democracia Ourensana. O presidente debulla as diversas actuacións que ten en marcha ou en estudo a Xunta en Ourense, cidade para a que considerara “letal” un goberno de Jácome que foi finalmente facilitado polo propio PP.
Este mediodía comeza no Congreso o debate de investidura de Pedro Sánchez. PSOE e Unidas Podemos continúan as negociacións para fiar un Goberno de coalición, coas conversas marcadas dende o venres pola renuncia de Pablo Iglesias a esixir ser ministro.
Oito compañías do Ibex 35 pagaron unha campaña contra o proceso soberanista catalán a petición do Goberno de Rajoy, segundo a información que publica este luns El Confidencial.
O avogado da familia Franco denuncia "acoso" tras a denuncia presentada polo Estado para a devolución do Pazo de Meirás e asegura que o título de propiedade do inmoble é "lexítimo e válido". Luis Felipe-Utrera Molina fixo estas declaracións no diario La Razón.