O PP propón a María Dolores Fernández Galiño, maxistrada da Audiencia da Coruña, como nova Valedora do Pobo en substitución da dimisionaria Milagros Otero. Os conservadores veñen de rexistrar a proposta para que sexa votada nun pleno extraordinario da Cámara galega. Fernández Galiño foi unha das integrantes do tribunal que abordou o xuízo do Prestige. Para que saia elixida cómpre o voto dun mínimo de 45 escanos, o que fai obrigatorio que a apoie cando menos un grupo da oposición.
