A Xunta autoriza o trámite que faltaba para que o Concello de Lugo poida eliminar a pasarela fronte á Muralla que ía ser provisional e durou tres décadas.

A Xunta autoriza o trámite que faltaba para que o Concello de Lugo poida eliminar a pasarela fronte á Muralla que ía ser provisional e durou tres décadas.
Un incendio forestal queima unhas 150 hectáreas en Montefurado (Quiroga). É o primeiro do que informa oficialmente a Xunta no que vai de temporada de alto risco. Segundo Medio Rural, o lume quedou controlado este xoves. (Imaxe da extinción: Brif Laza)
En marcha a denuncia da Comisión Europea contra España por superar os límites legais de contaminación durante unha década en Madrid e Barcelona. Un recente estudo de Ecoloxistas en Acción advertiu de que Galicia pasa por riba dos limiares recomendados pola OMS, especialmente nalgúns focos urbanos e industriais.
O Congreso volve rexeitar a investidura de Pedro Sánchez ao obter só 124 votos a prol. Tras a ruptura das negociacións co PSOE, Unidas Podemos optou pola abstención. Consulta aquí o máis destacado do pleno
Unidas Podemos confirma a súa abstención na segunda votación da investidura ao non existir acordo co PSOE, polo que Pedro Sánchez non será elixido. O pleno, ao vivo nesta ligazón
PSOE e Unidas Podemos chegan á segunda votación da investidura de Pedro Sánchez coas negociacións rotas. Está a contalo eldiario.es
O maxistrado José María Gómez y Díaz-Castroverde, novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras a xubilación de Miguel Ángel Cadenas. O Consello Xeral do Poder Xudicial elixiuno con 13 votos fronte a 7 que recibiu Teresa Conde-Pumpido. O elixido foi membro do Consello Consultivo entre 1996 e 2007 e desde 2009 é presidente da sala do Contencioso Administrativo do TSXG. Este mércores tamén foi elixido Ignacio Picatoste como novo presidente da Audiencia da Coruña, tribunal do que forma parte desde 2005.
Persoal de R e Comfica, subcontrata do grupo, protestan contra os despedimentos e a deslocalización nunha primeira xornada de mobilizacións e folga. As decisións da empresa de telecomunicacións e do Santander ameazan máis dun cento de empregos na Coruña.
O PP propón a María Dolores Fernández Galiño, maxistrada da Audiencia da Coruña, como nova Valedora do Pobo en substitución da dimisionaria Milagros Otero. Os conservadores veñen de rexistrar a proposta para que sexa votada nun pleno extraordinario da Cámara galega. Fernández Galiño foi unha das integrantes do tribunal que abordou o xuízo do Prestige. Para que saia elixida cómpre o voto dun mínimo de 45 escanos, o que fai obrigatorio que a apoie cando menos un grupo da oposición.
En marcha dende a estación ferroviaria de Santiago a manifestación das vítimas do accidente de Angrois no sexto aniversario do sinistro. A mobilización é apoiada por todos os principais partidos políticos agás PP e PSOE. Consulta aquí toda a información