O rei non celebrará, "polo momento", novas consultas cos grupos políticos para unha nova sesión de investidura tras o fracaso da de onte. Así o vén de facer público a Xefatura do Estado tras a xuntanza de Felipe VI coa presidenta do Congreso, Meritxell Batet, con quen manterá "contacto regular e permanente" para realizar a nova rolda de consultas antes da fin do prazo de dous meses que conduciría a novas eleccións.
