Máis 136.000 persoas maiores de 60 anos xa recibiron a cuarta dose da vacina contra a COVID en Galicia. Este luns rematará a vacinación do colectivo entre 80 e 84 anos e este venres comezou xa a vacinación da poboación entre 70 a 79 anos.

Máis 136.000 persoas maiores de 60 anos xa recibiron a cuarta dose da vacina contra a COVID en Galicia. Este luns rematará a vacinación do colectivo entre 80 e 84 anos e este venres comezou xa a vacinación da poboación entre 70 a 79 anos.
O Sindicato Independiente de Trabajadores (SIT-FSI) gaña as eleccións sindicais en Stellantis Vigo (a antiga Citroën), ampliando a súa maioría con 21 delegados (un máis). UGT obtivo catro representantes (os mesmos que en 2018), a CUT tres (un menos), CCOO tres (un menos) e a CIG ficou sen representación, perdendo os seus dous delegados anteriores
Un xulgado da Coruña require ao Estado que identifique que bens do inventario do pazo de Meirás reclama na demanda presentada en Madrid. Pide que “de forma detallada e separada” indique que obxectos do inventario realizado o 11 de novembro de 2020 son obxecto da demanda que presentou a administración pola propiedade de máis de 500 bens do pazo de Meirás
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil declara o Pedregal de Irimia, no Concello de Meira, nova Reserva Natural Fluvial co obxectivo de "protexer esta zona de alto valor ecolóxico". A protección abranguerá 140 hectáreas deste espazo, que é un dos posibles lugares de nacemento do río Miño, unha condición que comparte coa lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza. Nos últimos anos varias entidades denunciaron a "eucaliptización" do pedregal e a construción de parques eólicos na contorna.
CRISE DE PREZOS | A inflación moderouse en setembro ata situarse en Galicia no 9,2% interanual, case dous puntos menos que en agosto. O dato galego segue por riba da media estatal, que tamén frea máis dun punto e medio e queda no 8,9%. A diminución dos custos do transporte (coa entrada en vigor dos abonos gratuítos da Renfe e dos descontos nos autobuses) e da electricidade é clave neste descenso, mentres o groso dos prezos dos alimentos segue á alza.
O BOE publica os festivos do calendario laboral de 2023, que no caso galego inclúen o Día das Letras e o Día Nacional de Galicia, segundo o fixado pola Xunta. A estas datas hai que engadir as dúas festividades locais de cada concello.
O vicepresidente Conde substitúe dende este xoves por primeira vez a Rueda na xestión ordinaria da presidencia da Xunta. Farao ata que o presidente regrese da viaxe oficial que vén de iniciar á Arxentina e ao Uruguai e a substitución implica que hoxe presida por primeira vez a reunión do Consello da Xunta, como antes fixeran o propio Rueda, Anxo Quintana ou Alberto Núñez Feijóo en ausencia dos presidentes de cada momento [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
FÚTBOL | A selección galega de afeccionados empata coa de Hungría (1-1) e loitará polo título da Copa das Rexións da UEFA na fase final, cos oito mellores equipos do continente.
O Ministerio de Xustiza concede a nacionalidade española a Samuel Kwesi Koufie, mariñeiro de orixe ghanesa sobrevivente do naufraxio do Villa de Pitanxo. Así o recolle hoxe o BOE, que atribúe a decisión ás "circunstancias excepcionais" nas que se atopa o mariñeiro, cuxo testemuño é clave para a investigación e que difire da declaración do patrón maior e o seu sobriño.
Alfonso Rueda desprázase á Arxentina e ao Uruguai na súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta. Alí reunirase coas entidades galegas de emigrantes e con representantes do empresariado galego, poucos días despois de que se aprobase a reforma do voto exterior, que pon fin ao voto rogado e supón que haxa case medio millón de votos en xogo en Galicia procedentes do exterior.