A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil declara o Pedregal de Irimia, no Concello de Meira, nova Reserva Natural Fluvial co obxectivo de "protexer esta zona de alto valor ecolóxico". A protección abranguerá 140 hectáreas deste espazo, que é un dos posibles lugares de nacemento do río Miño, unha condición que comparte coa lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza. Nos últimos anos varias entidades denunciaron a "eucaliptización" do pedregal e a construción de parques eólicos na contorna.
