A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común convoca unha manifestación para este sábado "en defensa do monte veciñal" e por unha lei "ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega". Bombeiros forestais de seis meses apoian tamén a marcha e piden "máis prevención cara a unha menor extinción" e "traballo digno todo o ano".
