Ribeira acolleu na tardiña deste sábado unha concentración contra o veto á pesca de fondo con presenza das principais forzas políticas e sindicais. [Imaxe: PSdeG]

Ribeira acolleu na tardiña deste sábado unha concentración contra o veto á pesca de fondo con presenza das principais forzas políticas e sindicais. [Imaxe: PSdeG]
José García Buitrón, falecido o 17 de setembro, recibiu este sábado unha homenaxe no Paraninfo da Universidade da Coruña. A vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz, e outros representantes políticos e sociais lembraron a figura do cirurxián e ex-senador de Podemos. [Imaxe: Galicia en Común].
A militancia de Junts Per Catalunya vota a favor da saída da formación do Govern da Generalitat, no que participa en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya, que ten a presidencia. Cunha participación do 79,18% dos 6.465 militantes con dereito a voto, un 55,73% respondeu que o partido non debe seguir formando parte do Govern.
Restablecido o acceso á Cidade da Cultura despois da inspección de seguridade realizada pola Polícia Nacional ante unha ameaza de bomba. O TSXG precisa que foi revisada porque actualmente o Gaiás é considerado sede xudicial, por estarse celebrando alí o xuízo polo accidente de Angrois
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tamén informa de que rematou a revisión nos xulgados de Santiago con resultado negativo en canto a materiais explosivos. Quedan reanudados todos os servizos, o xulgado de garda incluído.
Desaloxan por unha ameaza de bomba os xulgados de Santiago e a Cidade da Cultura, onde este venres se retomou a vacinación fronte a COVID de persoas maiores de 80 anos e onde este mércores comezou o xuízo polo accidente de Angrois. [Imaxe de arquivo de Praza Pública CC-BY-NC-SA]
Ismael Ramos, coa súa obra ‘Lixeiro’, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández outorgado polo Ministerio de Cultura. En Praza.gal entrevistamos hai uns meses ao autor por esta obra.
Sesenta persoas desaloxadas por mor dun dun incendio no sanatorio 'La Robleda', no Pino. O lume orixinouse a pasada madrugada nun dos cuartos, segundo o 112, e obrigou á devandita evacuación no baixo do edificio, mentres que os pacientes do primeiro andar puideron continuar no interior. Tres enfermeiros e dous residentes tiveron que ser atendidos no hospital Clínico de Santiago por mor da inhalación de fume
O Estado prevé investir en Galicia 1.077,88 millóns de euros en 2023, uns tres millóns máis que en 2022 e o 8% do total do investimento territorializado. Así consta no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que vén de entregar o Goberno de España ao Congreso. Máis información, hoxe en Praza.gal
Dimite o máximo responsable da FP na Consellería de Educación, o veterano José Luis Mira, menos de cinco meses despois de que o Goberno de Alfonso Rueda crease o departamento como dirección xeral. Así o vén de confirmar o propio presidente ao termo do Consello da Xunta, que nomeou como substituta a Eugenia Pérez, ata agora subdirectora xeral de Innovación na Vicepresidencia Primeira. Xunto con José Luis Mira tamén deixa as súas responsabilidades o seu fillo, Iván Mira, que exercía como subdirector xeral de Inspección e Avaliación, segundo informa La Voz de Galicia. Máis información, hoxe en Praza.gal.
A Comisión Europea reduce a case a metade as áreas afectadas polo veto á pesca de fondo dentro das 87 sinaladas como ecosistemas vulnerables. Así o vén de confirmar o ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, na TVG. "En 41 das 87 zonas non será efectivo o veto comunitario á pesca de fondo", explicou.