Dimite o máximo responsable da FP na Consellería de Educación, o veterano José Luis Mira, menos de cinco meses despois de que o Goberno de Alfonso Rueda crease o departamento como dirección xeral. Así o vén de confirmar o propio presidente ao termo do Consello da Xunta, que nomeou como substituta a Eugenia Pérez, ata agora subdirectora xeral de Innovación na Vicepresidencia Primeira. Xunto con José Luis Mira tamén deixa as súas responsabilidades o seu fillo, Iván Mira, que exercía como subdirector xeral de Inspección e Avaliación, segundo informa La Voz de Galicia. Máis información, hoxe en Praza.gal.
