Antón Lezcano gaña o concurso de carteis da Festa do Marisco do Grove para a edición de 2023. O deseñador gráfico coruñés xa vencera en 2012, 2017 e 2018.

Antón Lezcano gaña o concurso de carteis da Festa do Marisco do Grove para a edición de 2023. O deseñador gráfico coruñés xa vencera en 2012, 2017 e 2018.
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común convoca unha manifestación para este sábado "en defensa do monte veciñal" e por unha lei "ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega". Bombeiros forestais de seis meses apoian tamén a marcha e piden "máis prevención cara a unha menor extinción" e "traballo digno todo o ano".
A xunta únese á demanda do Estado para reclamar a titularidade pública dos bens mobles do Pazo de Meirás. A Administración autonómica presentou este luns nun xulgado de Madrid o escrito para se unir á demanda da Avogacía do Estado.
O presidente do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, anuncia que este luns dimitirá do cargo tras catro anos de bloqueo na súa renovación e Pedro Sánchez convoca a Feijóo na Moncloa.
Ribeira acolleu na tardiña deste sábado unha concentración contra o veto á pesca de fondo con presenza das principais forzas políticas e sindicais. [Imaxe: PSdeG]
José García Buitrón, falecido o 17 de setembro, recibiu este sábado unha homenaxe no Paraninfo da Universidade da Coruña. A vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz, e outros representantes políticos e sociais lembraron a figura do cirurxián e ex-senador de Podemos. [Imaxe: Galicia en Común].
A militancia de Junts Per Catalunya vota a favor da saída da formación do Govern da Generalitat, no que participa en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya, que ten a presidencia. Cunha participación do 79,18% dos 6.465 militantes con dereito a voto, un 55,73% respondeu que o partido non debe seguir formando parte do Govern.
Restablecido o acceso á Cidade da Cultura despois da inspección de seguridade realizada pola Polícia Nacional ante unha ameaza de bomba. O TSXG precisa que foi revisada porque actualmente o Gaiás é considerado sede xudicial, por estarse celebrando alí o xuízo polo accidente de Angrois
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tamén informa de que rematou a revisión nos xulgados de Santiago con resultado negativo en canto a materiais explosivos. Quedan reanudados todos os servizos, o xulgado de garda incluído.
Desaloxan por unha ameaza de bomba os xulgados de Santiago e a Cidade da Cultura, onde este venres se retomou a vacinación fronte a COVID de persoas maiores de 80 anos e onde este mércores comezou o xuízo polo accidente de Angrois. [Imaxe de arquivo de Praza Pública CC-BY-NC-SA]
Ismael Ramos, coa súa obra ‘Lixeiro’, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández outorgado polo Ministerio de Cultura. En Praza.gal entrevistamos hai uns meses ao autor por esta obra.