FÚTBOL | A selección galega de afeccionados empata coa de Hungría (1-1) e loitará polo título da Copa das Rexións da UEFA na fase final, cos oito mellores equipos do continente.

FÚTBOL | A selección galega de afeccionados empata coa de Hungría (1-1) e loitará polo título da Copa das Rexións da UEFA na fase final, cos oito mellores equipos do continente.
O Ministerio de Xustiza concede a nacionalidade española a Samuel Kwesi Koufie, mariñeiro de orixe ghanesa sobrevivente do naufraxio do Villa de Pitanxo. Así o recolle hoxe o BOE, que atribúe a decisión ás "circunstancias excepcionais" nas que se atopa o mariñeiro, cuxo testemuño é clave para a investigación e que difire da declaración do patrón maior e o seu sobriño.
Alfonso Rueda desprázase á Arxentina e ao Uruguai na súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta. Alí reunirase coas entidades galegas de emigrantes e con representantes do empresariado galego, poucos días despois de que se aprobase a reforma do voto exterior, que pon fin ao voto rogado e supón que haxa case medio millón de votos en xogo en Galicia procedentes do exterior.
Antón Lezcano gaña o concurso de carteis da Festa do Marisco do Grove para a edición de 2023. O deseñador gráfico coruñés xa vencera en 2012, 2017 e 2018.
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común convoca unha manifestación para este sábado "en defensa do monte veciñal" e por unha lei "ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega". Bombeiros forestais de seis meses apoian tamén a marcha e piden "máis prevención cara a unha menor extinción" e "traballo digno todo o ano".
A xunta únese á demanda do Estado para reclamar a titularidade pública dos bens mobles do Pazo de Meirás. A Administración autonómica presentou este luns nun xulgado de Madrid o escrito para se unir á demanda da Avogacía do Estado.
O presidente do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, anuncia que este luns dimitirá do cargo tras catro anos de bloqueo na súa renovación e Pedro Sánchez convoca a Feijóo na Moncloa.
Ribeira acolleu na tardiña deste sábado unha concentración contra o veto á pesca de fondo con presenza das principais forzas políticas e sindicais. [Imaxe: PSdeG]
José García Buitrón, falecido o 17 de setembro, recibiu este sábado unha homenaxe no Paraninfo da Universidade da Coruña. A vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz, e outros representantes políticos e sociais lembraron a figura do cirurxián e ex-senador de Podemos. [Imaxe: Galicia en Común].
A militancia de Junts Per Catalunya vota a favor da saída da formación do Govern da Generalitat, no que participa en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya, que ten a presidencia. Cunha participación do 79,18% dos 6.465 militantes con dereito a voto, un 55,73% respondeu que o partido non debe seguir formando parte do Govern.