Principia na Coruña o corte total dunha das súas principais vías de acceso e saída, a avenida da Pasaxe (AC-12), por mor da demolición do viaduto de acceso ao CHUAC que a Xunta executa no marco da ampliación do complexo hospitalario. O Concello coruñés amosa nun mapa interactivo as alternativas para o acceso aos hospitais da contorna tanto en vehículo privado como en transporte público por uns traballos que obrigan a alterar o percorrido de ata seis liñas de autobuses urbanos. O corte total dura ata a madrugada do vindeiro xoves. As obras de ampliación do CHUAC están a desenvolverse cunha notable demora sobre os prazos prometidos por Feijóo como presidente da Xunta.
Fálase
The Rapants xuntaron case 6.000 persoas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago para a estrea das 12 cancións do cuarto LP da banda muradá. Galician Army, Grande Amore, Sara Faro (Fillas de Cassandra), Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) e 9Louro acompañáronos nesta grande festa da música galega, na que entregaron aos e ás asistintes o carné de socia/o de Rapants Club. Foto: Mattias Monsterkid
- 🟪🟧🟦 EN VINTE | 📺 VÍDEO | Vinte almorzando con The Rapants
- ENTREVISTA | The Rapants: "O que buscamos é afrontar todo o que poida xurdir no noso día a día evadíndonos das malas vibras a través da música"
A 51ª Asemblea Xeral de ADEGA, celebrada este sábado en Santiago, esixiu o peche definitivo de Altri e da mina de Touro e pediu a dimisión da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez. ADEGA realizará, ademais, unha campaña contra a eólica mariña e promoverá unha moratoria do eucalipto "indefinida e sen excepcións"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) acordou nomear Miguel Ángel Gómez Álvarez “Gus” (Zamora, 1953) como Republicano de Honra 2026. Gómez foi torturado por Billy el Niño, sufrindo abusos e malos tratos por parte da Brigada Político-Social franquista no edificio da Dirección General de Seguridad. Actualmente é un dos impulsores da Querela Arxentina contra a impunidade dos crimes do franquismo. Con esta distinción a CRMH quere "poñer en valor as vidas e o compromiso de toda unha xeración de cidadás e cidadáns que na primeira metade da década dos 70 loitou con determinación contra a ditadura"
A conselleira de Medio Ambiente vai a un 'chiringuito' no primeiro día da tempada, que este ano a Xunta permite de 7 meses ininterrompidos ata o 31 de outubro. Ángeles Vázquez salienta que coas novas competencias sobre o litoral o Goberno galego vai outorgar este ano arredor de 800 autorizacións para ocupación da costa, 400 delas para chiringuitos.
The Rapants, camiño de encher este sábado o Multiusos Fontes do Sar. A organización do Rapants Club, o directo no que a banda de Muros dará a coñecer os temas do seu novo disco, explica que na mañá deste venres apenas ficaban unhas 200 entradas, polo que contan con "máis de 5.700 persoas" para esta "gran noite da música galega". Todas as entradas dispoñibles son para bancadas, xa que as da pista "se esgotaron o día que saíron á venda". Na imaxe, The Rapants este venres no Sar coa concelleira de Festas do Concello de Santiago, Pilar Lueiro, durante a montaxe do recinto para o espectáculo.
- 🟪🟧🟦 EN VINTE | 📺 VÍDEO | Vinte almorzando con The Rapants
- ENTREVISTA | The Rapants: "O que buscamos é afrontar todo o que poida xurdir no noso día a día evadíndonos das malas vibras a través da música"
O Congreso aproba o decreto de medidas de emerxencia pola guerra de Irán. Só Vox votou en contra e PP e Podemos abstivéronse.
O pleno de Lugo aproba definitivamente os orzamentos de 2026 cos votos a prol do goberno local (PSdeG e BNG) e da dende hoxe concelleira non adscrita, a ex-socialista María Reigosa, que confimou esta semana a súa marcha do grupo de goberno. O alcalde, Miguel Fernández, tivo que facer uso do seu voto de calidade por estar hospitalizada outra edil do PSdeG, Olga López Racamonde, desfacendo así un empate a 12 coa ducia de votos do PP contra as contas. O orzamento está dotado con 132 millóns de euros, os máis elevados da historia do Concello lucense. Na imaxe, o alcalde e o tenente da alcaldía, Rubén Arroxo, na presentación do proxecto orzamentario a finais de xaneiro.
O pleno de Santiago valida a cuestión de confianza formulada pola alcaldesa vencellada aos orzamentos de 2026, que quedan aprobados inicialmente. Goretti Sanmartín acudiu a esta fórmula, que sae adiante cos votos do goberno de BNG e CA e mais do grupo de non adscritos, xusto ao día seguinte de que o pleno -na imaxe- rexeitase as contas por mor da abstención dos antigos edís socialistas. Na votación deste xoves os dous concelleiros do PSdeG abstivéronse e o PP volveu votar en contra, mentres que os non adscritos xustifican a mudanza para non demorar un mes as contas xa que, sinalan, non había posibilidade ningunha de que apoiasen unha moción de censura contra a rexedora. [Imaxe: © Concello de Santiago]
Avia Veira será a candidata do BNG á alcaldía da Coruña nas municipais de 2027. A asemblea local do Bloque na cidade ratificará a súa candidatura este serán e, xa con esa condición, este xoves estará acompañada por Ana Pontón nunha primeira presentación ante os medios. Nas últimas dúas eleccións municipais a concelleira ocupara o número dous da lista encabezada por Francisco Jorquera, quen recentemente anunciou a súa retirada da primeira liña da vida política tras unha dilatada traxectoria. [Imaxe: BNG]