A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) acordou nomear Miguel Ángel Gómez Álvarez “Gus” (Zamora, 1953) como Republicano de Honra 2026. Gómez foi torturado por Billy el Niño, sufrindo abusos e malos tratos por parte da Brigada Político-Social franquista no edificio da Dirección General de Seguridad. Actualmente é un dos impulsores da Querela Arxentina contra a impunidade dos crimes do franquismo. Con esta distinción a CRMH quere "poñer en valor as vidas e o compromiso de toda unha xeración de cidadás e cidadáns que na primeira metade da década dos 70 loitou con determinación contra a ditadura"