O festival Sinsal confirma que continuará celebrándose na Illa de San Simón este ano, pero na fin de semana seguinte "ampliará a súa actividade" á cidade de Vigo e outras localidades da contorna. Ante a controversia xerada pola posibilidade de que a declaración de San Simón como Lugar de Memoria Democrática impedise celebrar o evento, que acumula quince edicións, a organización confirma que volve á illa co seu cartel secreto do 24 ao 26 de xullo e, ademais, do 31 de xullo ao 2 de agosto "contará con directos e propostas culturais" expandíndose pola cidade olívica e puntos do Camiño Portugués. Na imaxe, un concerto no festival [© Olalla Lojo]
- HEMEROTECA | As capas da Memoria de San Simón dialogan co presente
- HEMEROTECA | "Poder rodar ‘San Simón’ no mesmo lugar onde ocorreron os feitos foi un privilexio e un reto"
- HEMEROTECA | A declaración de San Simón como Lugar de Memoria, un "acto de xustiza e reparación" aos centos de mortos na illa
- HEMEROTECA | “Que San Simón, a illa dos poetas, fose tamén un campo de concentración é algo demasiado brutal”
- HEMEROTECA | Do museo involuntario do Porto de Vigo á illa da Memoria: un Sinsal para descubrir músicas e recuperar costumes sostibles