📩❗️As socias e socios de Praza.gal veñen de recibir un correo cun importante adianto informativo
📩❗️As socias e socios de Praza.gal veñen de recibir un correo cun importante adianto informativo
A edil ex-socialista María Reigosa abandona o grupo de goberno do Concello de Lugo e déixao en minoría ao ficar como non adscrita, avanza El Progreso. Reigosa chegou á corporación lucense en outubro do pasado 2025 -na imaxe- como remuda do falecido concelleiro Pablo Permuy e tras manifestar diversas discrepancias deuse de baixa no PSdeG a principios deste ano mentres unía o seu voto ao do PP nalgunhas iniciativas no pleno municipal. A concelleira asegura, non obstante, que non participaría nunha moción de censura co PP, formación que agora pasa a estar empatada a 12 edís co grupo de goberno, composto por 7 representantes socialistas e 5 do BNG. Na imaxe, [©Concello de Lugo], Reigosa tomando posesión da acta de concelleira polo PSdeG.
Meloni perde o referendo da reforma xudicial en Italia. Co reconto xa moi avanzado, o "non" á controvertida modificación, sinalada polas esquerdas como unha tentativa do goberno ultra por incrementar o control sobre a Xustiza, rolda o 54% dos votos e a propia primeira ministra admitiu xa a derrota a través dun vídeo divulgado nas redes sociais. Na imaxe, un acto do Partido Democrático contra a reforma agora fracasada [© PD]
Pontón pide a transferencia a Galicia de Meirás como lugar de memoria e Rueda a súa xestión para incluír "toda" a traxectoria do pazo. O presidente quere que tamén se lembre a Pardo Bazán porque "a sociedade galega é plural e aberta".
Xurxo Mariño, Premio de Divulgación Científica 2026 da Real Academia Galega de Ciencias. Biólogo especializado en neurofisioloxía, profesor na Universidade da Coruña, no que forma parte do grupo de investigación Neurocom, ten unha longa traxectoria como divulgador científico. Na actualidade dedícase en exclusiva á comunicación da ciencia, colaborando con publicacións e espazos divulgativos como o programa Órbita Laika de TVE. "A divulgación da ciencia serve para formar unha cidadanía librepensadora con capacidade crítica sobre o funcionamento deste mundo”, destaca.
Christoph Schreinmoser, novo director do IGADI. O xurista alemán, profesor de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, remuda a Daniel González Palau, que dirixía o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional dende 2017. A Asemblea Xeral da entidade aprobou o documento Liñas 2026-2031. Desde Galicia, pensar e actuar no mundo, que guiará o traballo do IGADI nos próximos cinco anos, de camiño ao seu 40 aniversario.
O Liceo gaña a súa 11ª Copa do Rei de hockey ante o Calafell por 1-4. O equipo coruñés volve obter o trofeo cinco anos despois.
Lugo acolle este sábado a gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo con 'Antes de nós', 'Sirât' e 'As liñas descontinuas' como películas con máis candidaturas. Repasamos entrevistas e reportaxes que fixemos nos últimos meses arredor destes filmes.
Galicia, a comunidade autónoma máis insatisfeita coa atención primaria. A cidadanía galega rexistra o nivel de satisfacción máis baixo con este servizo, segundo un informe do CIS, que indica que
A libraría Moito Conto da Coruña recibe o premio Follas Novas ao labor libreiro. A Fundación de Librarías de Galicia premia a súa "capacidade de conexión co público a través dunha comunicación innovadora".