Pontón pide a transferencia a Galicia de Meirás como lugar de memoria e Rueda a súa xestión para incluír "toda" a traxectoria do pazo. O presidente quere que tamén se lembre a Pardo Bazán porque "a sociedade galega é plural e aberta".
Pontón pide a transferencia a Galicia de Meirás como lugar de memoria e Rueda a súa xestión para incluír "toda" a traxectoria do pazo. O presidente quere que tamén se lembre a Pardo Bazán porque "a sociedade galega é plural e aberta".
Xurxo Mariño, Premio de Divulgación Científica 2026 da Real Academia Galega de Ciencias. Biólogo especializado en neurofisioloxía, profesor na Universidade da Coruña, no que forma parte do grupo de investigación Neurocom, ten unha longa traxectoria como divulgador científico. Na actualidade dedícase en exclusiva á comunicación da ciencia, colaborando con publicacións e espazos divulgativos como o programa Órbita Laika de TVE. "A divulgación da ciencia serve para formar unha cidadanía librepensadora con capacidade crítica sobre o funcionamento deste mundo”, destaca.
Christoph Schreinmoser, novo director do IGADI. O xurista alemán, profesor de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, remuda a Daniel González Palau, que dirixía o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional dende 2017. A Asemblea Xeral da entidade aprobou o documento Liñas 2026-2031. Desde Galicia, pensar e actuar no mundo, que guiará o traballo do IGADI nos próximos cinco anos, de camiño ao seu 40 aniversario.
O Liceo gaña a súa 11ª Copa do Rei de hockey ante o Calafell por 1-4. O equipo coruñés volve obter o trofeo cinco anos despois.
Lugo acolle este sábado a gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo con 'Antes de nós', 'Sirât' e 'As liñas descontinuas' como películas con máis candidaturas. Repasamos entrevistas e reportaxes que fixemos nos últimos meses arredor destes filmes.
Galicia, a comunidade autónoma máis insatisfeita coa atención primaria. A cidadanía galega rexistra o nivel de satisfacción máis baixo con este servizo, segundo un informe do CIS, que indica que
A libraría Moito Conto da Coruña recibe o premio Follas Novas ao labor libreiro. A Fundación de Librarías de Galicia premia a súa "capacidade de conexión co público a través dunha comunicación innovadora".
Luma Gómez, Premio de Honra Marisa Soto dos Premios María Casares 2026. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acordou conceder o galardón á actriz ferrolá en recoñecemento "a unha traxectoria exemplar e ao seu compromiso sostido co desenvolvemento do teatro galego". A entrega dos premios terá lugar o 8 de abril no Teatro Rosalía Castro.
Anpas Galegas cuestiona a "idoneidade" de Santiago Freire, ex-alcalde de Noia, como director territorial de Educación na Coruña. A entidade critica "a súa falta de traxectoria no ámbito educativo" e "posicionamentos públicos previos que non contribúen a xerar a confianza necesaria na comunidade educativa", en referencia a declaracións e publicacións de contido machista ou de apoio ao franquismo. Freire foi ademais denunciado en novembro por gastos de fondos públicos en restaurantes
O movemento Acampa pola paz e o dereito a refuxio acorda en asemblea cesar a súa actividade en Galicia pero continuará en Brasil da man da súa coordinadora, a profesora Célia Regina Rossi, artífice dun Encontro Acampa cada ano na cidade de Piracicaba. Nos últimos nove anos a asociación veu realizando actividades en defensa dos dereitos humanos e a través do xornalismo humanitario. Na Coruña organizaba anualmente o encontro Acampa con exposicións, charlas, debates, proxeccións e outras actividades.