A Xunta recoloca a Santiago Freire, ex-alcalde de Noia, como director territorial de Educación na Coruña. Freire foi denunciado en novembro por gastos de fondos públicos en restaurantes. Na imaxe, do PPdeG, Freire, segundo pola esquerda, con Rueda.
A Xunta recoloca a Santiago Freire, ex-alcalde de Noia, como director territorial de Educación na Coruña. Freire foi denunciado en novembro por gastos de fondos públicos en restaurantes. Na imaxe, do PPdeG, Freire, segundo pola esquerda, con Rueda.
Trump redobra as ameazas a Cuba, que sofre outro apagamento masivo mentres os EUA intensifican o seu bloqueo enerxético á illa. O presidente estadounidense di crer que vai "ter a honra de tomar Cuba dalgún xeito" e que pode facer alí "o que queira". Este xoves o Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba confirmou que o Goberno de España enviará "unha carga de axuda que inclúe alimentos, artigos de hixiene e placas fotovoltaicas". Na imaxe, operarios nunha liña eléctrica cubana, nunha imaxe de arquivo [© David Díaz Abella / Goberno de Cuba]
Persoal médico de atención primaria péchase nun centro de saúde en Vigo para "exixir" á Xunta que "negocie o fin da folga" nos centros de saúde e nos PAC. Os profesionais manteñen un "peche indefinido" no Olimpia Valencia da cidade olívica ata que o Sergas "acepte unha negociación seria e respectuosa" co comité de folga, segundo advirte o sindicato O'Mega.
CIG-Ensino, STEG e as Asembleas Abertas do Ensino Público convocan unha nova xornada de folga na educación para o vindeiro 28 de abril. O paro xorde do "acordo de acción conxunta de vontade unitaria" entre os dous sindicatos e o movemento asembleario de docentes e para a "recuperación dos dereitos" que o profesorado tiña antes da crise e a "mellora das condicións de traballo".
Dúas folgas médicas e a negativa a facer peonadas agudizan este luns os problemas na sanidade galega. O Sergas cifra en case o 22% o seguimento nos hospitais galegos da folga médica contra o Estatuto Marco, que coincide ao que mantén O'Mega na atención primaria, onde ten un apoio do 4,4%. Ademais, ducias de médicos anunciaron que este luns deixarían de facer actividade extraordinaria fóra do horario, o que agravaría as listas de espera. Foto: O'Mega.
Inés Rey confirma a renuncia da Coruña a acoller partidos do Mundial 2030 en Riazor: "É o responsable", advirte a alcaldesa no inicio dunha comparecencia conxunta con Juan Carlos Escotet, presidente do Deportivo e de Abanca. "Queriamos ser sede do Mundial pero non a calquera prezo", advirte a rexedora, que anuncia ao tempo un novo convenio de colaboración co club. +info, esta mañá en Praza.gal.
Falece o xornalista vigués Fernando Franco aos 75 anos tras máis de catro décadas retratando a cidade dende Faro de Vigo. No primeiro episodio do podcast Retrocorenta, producido por Praza.gal e VINTE, Fernando Franco axudounos a lembrar os históricos anos da movida viguesa.
A alcaldesa da Coruña e o presidente do Deportivo e de Abanca convocan os medios ás 10 desta mañá para anunciar un "acordo de colaboración" entre o club e o Concello e, previsiblemente, confirmar a renuncia a que Riazor acolla partidos do Mundial 2030, abordada xa a pasada semana entre Inés Rey e Juan Carlos Escotet. Máis información, hoxe en Praza.gal. [Imaxe: © Concello da Coruña]
A histórica participación de Oliver Laxe nos Oscar con Sirât remata sen premios, mais co director galego subliñando a importancia da oportunidade de ser candidato en dúas categorías dos prestixiosos galardóns. "Non hai gañadores nin perdedores, todos gañamos" con esta "oportunidade" para vindeiras producións, subliñaba na alfombra vermella de Los Angeles, antes da entrega. O percorrido do filme continúa a vindeira semana nos Mestre Mateo, onde aspira a 11 premios. Máis info, hoxe en Praza.gal. [Imaxe: © Quim Vives]
As dereitas repiten maioría absoluta en Castela e León co PP como primeira forza e 2 escanos máis cun medre de 4 puntos e Vox en terceira posición e crecendo un procurador nas Cortes castelás e leonesas cun avance un chisco superior a un punto. O PSOE, que volve ser segunda forza, avanza 2 escanos e algo menos dun punto co 93% escrutado. Unión del Pueblo Leonés mantense con 3 escanos e Podemos desaparece do Parlamento ao perder o escano que tiña.