Dúas folgas médicas e a negativa a facer peonadas agudizan este luns os problemas na sanidade galega. O Sergas cifra en case o 22% o seguimento nos hospitais galegos da folga médica contra o Estatuto Marco, que coincide ao que mantén O'Mega na atención primaria, onde ten un apoio do 4,4%. Ademais, ducias de médicos anunciaron que este luns deixarían de facer actividade extraordinaria fóra do horario, o que agravaría as listas de espera. Foto: O'Mega.