Castela e León celebra hoxe eleccións catro anos despois das que precipitaron dúas semanas despois a caída de Pablo Casado como líder do PP e a súa remuda por Feijóo. Daquela, a dirección estatal da formación deseñara unha operación para pasar nesta autonomía, que gobernan dende 1987, da coalición con Ciudadanos a un Goberno en solitario que reforzase a Casado e enfraquecese a Pedro Sánchez, pero acabara dependendo dun reforzado Vox, formación da extrema dereita para a que os inquéritos agardan tamén unha relevante suba neste 15 de marzo. Na imaxe, Feijóo aínda como líder do PP galego, pechando a campaña do PP castelán e leonés en 2022 xunto a Mañueco, Casado e Ayuso.