A Xunta presenta ante a Comisión Europea a candidatura de Santiago como Cidade Europea da Ciencia en 2028. O proxecto, denominado Ways, propón un percorrido que une Galicia coas rexións de Pomorskie (Polonia) e Emilia-Romagna (Italia) a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena. A proposta, que inclúe obradoiros, festivais e actividades educativas, busca "visibilizar o sobresaliente traballo científico" que se desenvolve en Galicia e incorporaría "investimentos" que beneficiarían a Compostela, Vigo e A Coruña, destaca o Goberno galego.