Falece aos 96 anos o filósofo e sociólogo alemán Jürgen Habermas, segundo confirmou este sábado a editorial Suhrkamp citando fontes da súa familia. [Imaxe: CC BY-SA Wolfram Huke]
Falece aos 96 anos o filósofo e sociólogo alemán Jürgen Habermas, segundo confirmou este sábado a editorial Suhrkamp citando fontes da súa familia. [Imaxe: CC BY-SA Wolfram Huke]
Máis de 43.000 consultas suspendidas na atención primaria pola folga médica de O'Mega que o vindeiro luns se estende a todos os niveis asistenciais e en todo o Estado. A ministra de Sanidade, Mónica García, acusa o comité de folga de "romper o principio de boa fe e o propósito de diálogo das negociacións" ao manter a convocatoria malia o acordo alcanzado co Foro da Profesión Médica.
A Xunta presenta ante a Comisión Europea a candidatura de Santiago como Cidade Europea da Ciencia en 2028. O proxecto, denominado Ways, propón un percorrido que une Galicia coas rexións de Pomorskie (Polonia) e Emilia-Romagna (Italia) a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena. A proposta, que inclúe obradoiros, festivais e actividades educativas, busca "visibilizar o sobresaliente traballo científico" que se desenvolve en Galicia e incorporaría "investimentos" que beneficiarían a Compostela, Vigo e A Coruña, destaca o Goberno galego.
A bioplanta de fibra reciclada de Ence nas Pontes obtén 24,7 millóns do PETE de descarbonización industrial. A Xunta xa outorgou o pasado mes de agosto o permiso ambiental a esta planta que empregará cartón e papel reciclado para producir fibra branqueada.
A policía identifica máis de vinte ultras do Celta que atacaron un bar con seareiros franceses do Olympique de Lión na noite previa ao encontro que enfronta aos dous equipos na Europa League este xoves. O club vigués "condena firmemente calquera tipo de actuación violenta" e di que actuará para que estes "afeccionados violentos" non ocupen a bancada de Balaídos. Imaxe: @footballdonorte
Inspección de Traballo sanciona por segunda vez a CRTVG —agora CSAG— por contratación irregular nun programa da Radio Galega. Cualifica a infracción como grave e imponlle sanción económica á Corporación por unha contratación irregular e en fraude de lei a través da modalidade artística.
O Supremo confirma que o Pazo de Meirás é público e ratifica a expulsión dos Franco avalada pola Audiencia da Coruña, pero tamén a indemnización para os herdeiros do ditador.
Detidos dous homes por ameazar de morte e acosar en redes a Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos. Un dos investigados envioulle máis de 300 mensaxes á deputada con contido aldraxante. Foto: © Congreso dos Deputados.
As Tanxugueiras avisan da apertura da venda de entradas nos tendidos superiores do Coliseum da Coruña mentres se venden as "últimas nos tendidos medio e baixo" para o seu concerto do 17 de outubro, o único en Galicia este ano e no que presentarán o seu novo disco, O Cuarto. Mañá, xoves, o grupo publica o primeiro sinxelo do traballo, Chorar, chorei
A participación na segunta volta das eleccións ao Reitorado da Universidade de Santiago ás 12 do mediodía móvese entre o 49% no profesorado doutor con vinculación permanente e o 13% do estudantado. Votou tamén o 50% do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos e o 28% do restante persoal docente e investigador. Os datos son oito puntos inferiores aos da primeira volta entre o profesorado doutor pero aumentan lixeiramente entre o estudantado.
A comunidade universitaria da USC escolle este mércores a súa nova reitora entre Rosa Crujeiras e Maite Flores. Na primeira volta, celebrada hai un mes, Crujeiras fíxose co 41% dos votos ponderados, fronte ao 21% de Flores. As votacións pecharanse ás seis da tarde, momento no que se coñecerá a gañadora. Os resultados finais da votación poderán consultarse nesta ligazón.