A histórica participación de Oliver Laxe nos Oscar con Sirât remata sen premios, mais co director galego subliñando a importancia da oportunidade de ser candidato en dúas categorías dos prestixiosos galardóns. "Non hai gañadores nin perdedores, todos gañamos" con esta "oportunidade" para vindeiras producións, subliñaba na alfombra vermella de Los Angeles, antes da entrega. O percorrido do filme continúa a vindeira semana nos Mestre Mateo, onde aspira a 11 premios. Máis info, hoxe en Praza.gal. [Imaxe: © Quim Vives]
- ENTREVISTA | Xavi Font: "Despois de 'Sirât' temos todas as portas abertas"
- HEMEROTECA | O cinema galego nos Oscar: "Sirât' é un fito porque supón derrubar límites"
- HEMEROTECA | Oliver Laxe: "O cinema segue sendo un espazo onde experimentar cousas fortes que xa non experimentamos na vida"