CIG-Ensino, STEG e as Asembleas Abertas do Ensino Público convocan unha nova xornada de folga na educación para o vindeiro 28 de abril. O paro xorde do "acordo de acción conxunta de vontade unitaria" entre os dous sindicatos e o movemento asembleario de docentes e para a "recuperación dos dereitos" que o profesorado tiña antes da crise e a "mellora das condicións de traballo".