Luma Gómez, Premio de Honra Marisa Soto dos Premios María Casares 2026. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acordou conceder o galardón á actriz ferrolá en recoñecemento "a unha traxectoria exemplar e ao seu compromiso sostido co desenvolvemento do teatro galego". A entrega dos premios terá lugar o 8 de abril no Teatro Rosalía Castro.