O movemento Acampa pola paz e o dereito a refuxio acorda en asemblea cesar a súa actividade en Galicia pero continuará en Brasil da man da súa coordinadora, a profesora Célia Regina Rossi, artífice dun Encontro Acampa cada ano na cidade de Piracicaba. Nos últimos nove anos a asociación veu realizando actividades en defensa dos dereitos humanos e a través do xornalismo humanitario. Na Coruña organizaba anualmente o encontro Acampa con exposicións, charlas, debates, proxeccións e outras actividades.
- Acampa chama a reflexionar sobre a infancia refuxiada co foco nos 15 mil menores asasinados en Gaza
- Acampa pola Paz dedica o seu encontro á "pandemia da fame" que sofren 800 millóns de persoas no planeta
- A nova edición de Acampa pon o foco no "saqueo de recursos" que provoca os movementos migratorios cara aos países ricos