A libraría Moito Conto da Coruña recibe o premio Follas Novas ao labor libreiro. A Fundación de Librarías de Galicia premia a súa "capacidade de conexión co público a través dunha comunicación innovadora".
A libraría Moito Conto da Coruña recibe o premio Follas Novas ao labor libreiro. A Fundación de Librarías de Galicia premia a súa "capacidade de conexión co público a través dunha comunicación innovadora".
Luma Gómez, Premio de Honra Marisa Soto dos Premios María Casares 2026. A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acordou conceder o galardón á actriz ferrolá en recoñecemento "a unha traxectoria exemplar e ao seu compromiso sostido co desenvolvemento do teatro galego". A entrega dos premios terá lugar o 8 de abril no Teatro Rosalía Castro.
Anpas Galegas cuestiona a "idoneidade" de Santiago Freire, ex-alcalde de Noia, como director territorial de Educación na Coruña. A entidade critica "a súa falta de traxectoria no ámbito educativo" e "posicionamentos públicos previos que non contribúen a xerar a confianza necesaria na comunidade educativa", en referencia a declaracións e publicacións de contido machista ou de apoio ao franquismo. Freire foi ademais denunciado en novembro por gastos de fondos públicos en restaurantes
O movemento Acampa pola paz e o dereito a refuxio acorda en asemblea cesar a súa actividade en Galicia pero continuará en Brasil da man da súa coordinadora, a profesora Célia Regina Rossi, artífice dun Encontro Acampa cada ano na cidade de Piracicaba. Nos últimos nove anos a asociación veu realizando actividades en defensa dos dereitos humanos e a través do xornalismo humanitario. Na Coruña organizaba anualmente o encontro Acampa con exposicións, charlas, debates, proxeccións e outras actividades.
Persoal médico volve mobilizarse na Coruña e Pontevedra para reclamar ao Sergas que abra "negociacións para poñer fin á folga indefinida na atención primaria" e "solucións ás reivindicacións dos facultativos dos hospitais". Ademais, profesionais manteñen o peche no centro Olimpia Valencia de Vigo, que acolle este mércores outra manifestación. Un de cada catro médicos secundou a folga contra o estatuto marco na atención hospitalaria, segundo datos da Xunta.
O PSOE supera o PP por 8 puntos de diferenza no último barómetro do CIS, que reduce a distancia entre os dous grandes partidos dende a enquisa anterior. VOX perdería dous puntos no último mes. Os socialistas repetirían o resultado das últimas eleccións xerais. O CIS outorga ao BNG unha estimación de voto do 1,7%, fronte ao 0,8% de febreiro e o 0,62% obtido nos comicios de 2023.
O Supremo non admite a querela de Vox contra Pedro Sánchez, Alfonso Rueda e outros dirixentes polos incendios forestais do pasado verán, que no caso galego supuxo a peor vaga da historia dende que hai datos comparables. Na imaxe, ambos presidentes visitando unha área afectada polo lume en Valdeorras, en xullo do ano pasado [© Pool Moncloa / Fernando Calvo]
Dimite o director do Centro Nacional de Antiterrorismo dos EUA: "Non podo apoiar a guerra en Irán coa conciencia tranquila", sinala Joe Kent, nunha publicación na rede social X que ratifican o Wall Street Journal e o New York Times. Kent advirte que o país persa "non supuña unha ameaza inminente" para os Estados Unidos e resalta que o ataque se debe "á presión de Israel e o seu poderoso lobby" en territorio estadounidense. [Imaxe: © NCTC]
A Xunta recoloca a Santiago Freire, ex-alcalde de Noia, como director territorial de Educación na Coruña. Freire foi denunciado en novembro por gastos de fondos públicos en restaurantes. Na imaxe, do PPdeG, Freire, segundo pola esquerda, con Rueda.
Trump redobra as ameazas a Cuba, que sofre outro apagamento masivo mentres os EUA intensifican o seu bloqueo enerxético á illa. O presidente estadounidense di crer que vai "ter a honra de tomar Cuba dalgún xeito" e que pode facer alí "o que queira". Este xoves o Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba confirmou que o Goberno de España enviará "unha carga de axuda que inclúe alimentos, artigos de hixiene e placas fotovoltaicas". Na imaxe, operarios nunha liña eléctrica cubana, nunha imaxe de arquivo [© David Díaz Abella / Goberno de Cuba]