O mundo di adeus a Desmond Tutu, o arcebispo emérito surafricano que foi clave na loita contra o apartheid, labor que foi recoñecido co premio Nobel da Paz en 1984. Faleceu este 26 de decembro aos 90 anos de idade.
Fálase
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adianta nunha entrevista concedida a Europa Press que a Xunta traballa "dende o punto de vista normativo" en fórmulas para que o persoal sanitario que non estea vacinado -unha minoría- teña que someterse de forma constante a probas de detección da COVID co obxectivo de dar "garantías" á cidadanía que fai uso da atención sanitaria.
O domingo chega con avisos amarelos por chuvia no interior de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña e avisos amarelos por fortes ventos na Mariña, norte da Coruña e nas montañas de Lugo e Ourense, informa Meteogalicia. A inestabilidade continuará este luns.
🎄Durante o Día de Nadal, Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o domingo, día 26, estamos de volta. Boas festas!
Máis dun milleiro de soños galegos en Twitter durante 2021. VINTE volve explorar os soños compartidos nesta rede social durante o ano que remata e tamén ao longo dos dous anteriores: gatiños, ataques terroristas, encontros con famosos, covid e vacinas…
MAPA INTERACTIVO | O Sergas habilita 23 puntos para a realización de test da COVID sen cita. Consulta aquí os lugares e horarios.
O Goberno de España confirma que recupera con carácter "temporal" a "obrigatoriedade" de uso da máscara ao aire libre á marxe da distancia de seguridade. Incorpora a excepción de "espazos naturais" cando haxa distancia de seguridade e mantén a da práctica do deporte. Así o anunciou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, tras a reunión do Consello de Ministros. Darias reitera ademais a aposta por "acelerar" a vacinación pediátricas e a administración de terceiras doses á poboación maior de 40 anos durante o primeiro trimestre de 2022. (Na imaxe, -© Pool Moncloa / Fernando Calvo- un intre da conferencia de presidencias autonómicas celebrada o mércores)
O Goberno de España propón reintroducir a obriga de uso xeral da máscara en exteriores aínda que exista distancia de seguridade, segundo transcendeu da xuntanza da conferencia de presidencias autonómicas que se celebra esta tarde. Ao termo da xuntanza, Pedro Sánchez matizou a medida ata presentala de xeito practicamente idéntico á regulación actual. Dende o pasado xuño, a máscara seguía sendo obrigatoria en interiore e ao aire libre, cando non fose posible gardar distancia. A Xunta foi un dos gobernos autonómicos que reclamou a medida.
+ INFORMACIÓN | Estado e Xunta esquivan novas restricións pola COVID para o Nadal tras amagar con endurecer o uso da máscara
Sanidade estende a campaña de vacinación contra a gripe "até mediados de xaneiro ou até esgotar as doses dispoñibles" e abre a posibilidade de recibir esta vacina "nos grandes recintos habilitados para vacinarse da COVID-19". Segundo datos do Sergas, o 72,3% da poboación galega de 65 ou máis anos xa se vacinou contra a gripe. Na imaxe, unha muller é vacinada da gripe no inverno de 2020.
Terra, o tema co que Tanxugueiras opta a participar en Eurovisión, superou o medio millón de escoitas no primeiro día de publicación. Boa parte delas concentráronse en YouTube, con máis de 320.000 reproducións nesa xornada, destacan dende o grupo. Podes escoitala aquí
- ENTREVISTA | Tanxugueiras: "Queremos demostrar que a nosa música tradicional pode ter a mesma proxección que calquera outra"