O Concello de Santiago celebrou este mércores un acto institucional en lembranza do alcalde republicano Ánxel Casal, asasinado hai 90 anos Cacheiras tras o golpe militar. No acto, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, reivindicou a necesidade de que “a memoria levante todas as lousas do silencio que nos impuxeron e que ninguén sinta medo por pensar e soñar un país máis xusto e máis libre”.