VÍDEO | Concerto íntegro ofrecido este venres na praza do Obradoiro polo director Gustavo Dudamel, a Sinfónica de Galicia e o Orfeón Donostiarra, que comezou co Himno Galego
Fálase
A marcha en contra da segregación de Ferroatlántica que saíu o mércores de Cee chega este sábado a Santiago e convértese en manifestación pola capital con saída desde a Alameda a partir das 12.00 horas.O persoal, que conta co apoio de En Marea, PSdeG e BNG, pide que a Xunta non autorice á empresa a vender as centrais hidroeléctricas.
O Consello de Ministros aproba a oferta de emprego público con algo máis de 28.000 prazas, máis de 20.000 de acceso libre. Os detalles da convocatoria e de cada praza, nesta información de eldiario.es
O BNG lanza a súa campaña do Día da Patria baixo o lema Galiza, a nación que compartimos e aposta por que o 25 de xullo sexa unha "gran mobilización social en contra da discriminación do Estado coa sociedade galega". O Bloque avanza que lanzará tamén unha canción de Mini e Caxade a modo de "banda sonora" da campaña.
O ministro do Interior sentencia que algunhas ONG que rescatan migrantes no Mediterráneo "favorecen a inmigración irregular". As organizacións retrucan que non vai "deixar morrer" persoas mentres poidan evitalo. Está a contalo Desalambre
O xuíz volve citar ao ex-xefe de Seguridade de Adif despois de que a Audiencia ratificase a súa imputación por Angrois. Andrés Cortabitarte, en quen o tribunal ve “indicios dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos” do AVE Ourense-Santiago, debe comparecer no xulgado de Santiago o 27 de xullo, o mesmo día en que tamén están citados os dous peritos xudiciais cuxa discrepancia sobre a súa responsabilidade motivou unha pregunta do xuíz á UE. Cortabitarte xa comparecera en abril pero negárase a declarar.
Condenado o ex-concelleiro do PP de Moraña que insultou a Carmela Silva en Facebook. Unha xuíza considerara previamente “liberdade de expresión” chamar “mala zorra” á presidenta socialista da Deputación de Pontevedra, pero reaberto o caso agora Jorge Caldas e outro acusado son condenados por maltrato á autoridade.
En 2018 o Día das Letras será festivo pero empresas e traballadores deben decidir como recuperalo. O Consello da Xunta valida o calendario laboral para o próximo ano, que terá 13 festivos á marxe dos dous que deciden os concellos. Ao ser un máis do permitido por lei, en cada empresa decidirase como compensar esas horas, como xa sucedeu en 2000, 2001 ou 2007.
O Goberno de España anuncia un límite de déficit máis alto para as autonomías dous días despois de fixar o obxectivo. Montoro faino en plena procura de apoios para o teito de gasto dos Orzamentos do Estado para 2018.
Sindicatos e patronal de autobuses denuncian que a Xunta desconvocou esta tarde unha xuntanza a tres bandas "con 20 minutos" de antelación. Na sexta xornada de folga as centrais sindicais advirten de que a "prepotencia do Goberno" cando comezaba a haber "avances" aboca o sector ao "caos" e as empresas censuran as "dúbidas e falsidades" da Consellería, que os volveu convocar para este xoves.