O TSXG denega a suspensión cautelarísima da obriga de presentar o certificado de vacinación ou de test negativo da COVID para acceder a locais de hostelaría, tal e como reclamara a asociación empresarial Lugo Monumental no seu recurso contra a medida da Xunta. O Tribunal considera que a entidade non acreditou o prexuízo "concreto" que lle causa a medida como para adoptar esa suspensión urxente. A tramitación do recurso continúa pola vía ordinaria. Noutro auto deste mesmo venres, o TSXG avala a extensión temporal da limitación das reunións de non conviventes que xa estaba vixente.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/montaxe-certificado-vacina-b14563c.jpeg)