Os galegos Antía Jácome e Carlos Arévalo, quintos nas súas finais de piragüismo nos Xogos de Toquio. Ambos obteñen diploma olímpico en K1 e C1 200 metros respectivamente.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/antia11-16ecafb.jpeg)
Os galegos Antía Jácome e Carlos Arévalo, quintos nas súas finais de piragüismo nos Xogos de Toquio. Ambos obteñen diploma olímpico en K1 e C1 200 metros respectivamente.
A Xunta abrirá a autocita para a vacinación contra a COVID-19 de persoas nadas entre os anos 2000 e 2005 dende as 9 da mañá do sábado, 7 de agosto, e ata as 23:30 do domingo, día 8, con 25.000 doses dispoñibles que serán inxectadas "a vindeira semana". Indica o Sergas que esta autocita segue correndo paralela ao chamamento por idade e continúa aberta, tamén, para persoas maiores de 40 anos que perdesen a súa quenda. A autocita tramítase no espazo de citas do Sergas, no portal E-Saúde ou mediante a aplicación Sergas Móbil.
“Hoxe comeza o Nadal en Vigo”, anunciou este mércores 4 de agosto Abel Caballero. O rexedor estivo presente no inicio da instalación do alumeado e prognosticou un Nadal “apoteósico” con “11 millóns de luces LED” que farán que Nova York quede “pequena”.
O viveirense Adrián Ben finaliza no quinto posto a súa histórica participación na final dos 800 metros nos Xogos Olímpicos de Toquio. Foto: © Miguélez / RFEA
O derbi galego na máxima categoría do baloncesto masculino regresa o 3 de xaneiro de 2022 (21:30), cando o Obradoiro recibirá ao Breogán no Fontes do Sar de Santiago. O partido de volta disputarase no Pazo dos Deportes de Lugo o 26 de marzo (18:00), segundo o calendario da temporada feito público este mércores pola ACB. Na última temporada en que se disputou, a 2018/19 o Breogán venceu no partido de ida (69-56) e o Obradoiro, no de volta (73-75).
O asasinato de Samuel Luiz será xulgado por un xurado popular polos tipos de delitos que se imputan ás persoas investigadas. A instrutora cita para este xoves aos catro investigados maiores de idade para concretarlles a imputación como require a Lei do Tribunal do Xurado.
O vigués Nico Rodríguez, medalla de bronce na clase 470 de vela nos Xogos de Toquio xunto a Jordi Xammar tras quedaren na quinta posición na Medal Race. (Foto: © Sailingshots | RFEV)
A Xunta mantén nove concellos en nivel máximo de restricións pola COVID dende o sábado: Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. No alto estarán Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Xove, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Tui. No medio sitúa Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos
O Parlamento aproba cos votos do PP o teito de gasto para os Orzamentos Xerais de 2022 por importe de 11.571 millóns de euros. Son 93 millóns menos que o límite fixado para as contas de 2021, que finalmente manexaran 11.563 millóns de gasto non financeiro. Na imaxe, Feijóo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, nun intre do pleno. (Foto: CC BY-SA Ana Varela / Xunta)
Ons, de Alfonso Zarauza, encabeza o rexistro das películas máis vistas na plataforma HBO España.