O vigués Nico Rodríguez, medalla de bronce na clase 470 de vela nos Xogos de Toquio xunto a Jordi Xammar tras quedaren na quinta posición na Medal Race. (Foto: © Sailingshots | RFEV)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/e77eb2pxiaarq-a-8585b62.jpeg)
O vigués Nico Rodríguez, medalla de bronce na clase 470 de vela nos Xogos de Toquio xunto a Jordi Xammar tras quedaren na quinta posición na Medal Race. (Foto: © Sailingshots | RFEV)
A Xunta mantén nove concellos en nivel máximo de restricións pola COVID dende o sábado: Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo. No alto estarán Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Xove, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Tui. No medio sitúa Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos
O Parlamento aproba cos votos do PP o teito de gasto para os Orzamentos Xerais de 2022 por importe de 11.571 millóns de euros. Son 93 millóns menos que o límite fixado para as contas de 2021, que finalmente manexaran 11.563 millóns de gasto non financeiro. Na imaxe, Feijóo e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, nun intre do pleno. (Foto: CC BY-SA Ana Varela / Xunta)
Ons, de Alfonso Zarauza, encabeza o rexistro das películas máis vistas na plataforma HBO España.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego de Galicia diminuíron en 5.784 durante o mes de xullo e quedan en 151.934, o que supón 23.377 menos que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 14.552 persoas, ata 1,04 millóns, 30.605 máis que en xullo de 2020.
O PP descualifica o BNG como "calzonazos" por, segundo o 'número dous' de Feijóo, estar "sometido" a Pedro Sánchez, a quen acusa de "poñer en perigo a vida dos galegos". Miguel Tellado afirmouno tras a modificación da lei de saúde aceptada pola Xunta na negociación posterior ao recurso presentado no Constitucional polo Goberno de España, que o retirou despois da corrección admitida polo gabinete de Feijóo.
A piragüista Teresa Portela clasifícase directamente para as semifinais olímpicas tras quedar primeira na súa serie de K1 200. Os de Toquio son os sextos Xogos Olímpicos da piragüista de Cangas.
O viveirense Adrián Ben, clasificado para a final dos 800 metros en Toquio tras conseguir a súa segunda mellor marca de sempre e a mellor marca dun español nuns Xogos Olímpicos nas semifinais, onde foi cuarto tras unha gran remontada. Foto: Miguélez/RFEA
O viveirense Adrián Ben, clasificado para as semifinais dos 800 metros en Toquio tras conseguir a mellor marca da proba para un español na historia dos Xogos Olímpicos (1:45:30). Foto: Miguélez/RFEA
Alcoa propón un ano para resolver o problema enerxético e comprométese despois á venda directa da planta da Mariña