PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego de Galicia diminuíron en 5.784 durante o mes de xullo e quedan en 151.934, o que supón 23.377 menos que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 14.552 persoas, ata 1,04 millóns, 30.605 máis que en xullo de 2020.
Fálase
O PP descualifica o BNG como "calzonazos" por, segundo o 'número dous' de Feijóo, estar "sometido" a Pedro Sánchez, a quen acusa de "poñer en perigo a vida dos galegos". Miguel Tellado afirmouno tras a modificación da lei de saúde aceptada pola Xunta na negociación posterior ao recurso presentado no Constitucional polo Goberno de España, que o retirou despois da corrección admitida polo gabinete de Feijóo.
A piragüista Teresa Portela clasifícase directamente para as semifinais olímpicas tras quedar primeira na súa serie de K1 200. Os de Toquio son os sextos Xogos Olímpicos da piragüista de Cangas.
O viveirense Adrián Ben, clasificado para a final dos 800 metros en Toquio tras conseguir a súa segunda mellor marca de sempre e a mellor marca dun español nuns Xogos Olímpicos nas semifinais, onde foi cuarto tras unha gran remontada. Foto: Miguélez/RFEA
O viveirense Adrián Ben, clasificado para as semifinais dos 800 metros en Toquio tras conseguir a mellor marca da proba para un español na historia dos Xogos Olímpicos (1:45:30). Foto: Miguélez/RFEA
Alcoa propón un ano para resolver o problema enerxético e comprométese despois á venda directa da planta da Mariña
A ribeirense Ana Peleteiro entra na súa primeira final olímpica tras saltar 14,62 na clasificación de triplo salto e quedar segunda, só por tras da venezolana Yulimar Rojas. Con esta marca, ademais, Peleteiro bate o récord galego da especialidade. En lanzamento de peso, a mugardesa Belén Toimil non logrou a clasificación para a final. (Foto: Miguélez/RFEA)
O ex-ministro Jorge Fernández Díaz e toda a cúpula de Interior no primeiro Goberno do PP de Rajoy, procesados na operación Kitchen polo uso de fondos reservados para espiar a Luis Bárcenas, ex-tesoureiro do PP, e recuperar documentación comprometedora para o propio partido. O xuíz García Castellón exonera a cargos populares como Dolores de Cospedal e deixa á marxe a Rajoy.
A Xunta publica no DOG a modificación das restricións pola COVID que estarán en vigor dende a medianoite do venres ao sábado e que sitúan 60 concellos, entre eles as sete cidades, nos niveis máximo ou alto, que implican medidas como a esixencia de test negativo da COVID ou vacina para entrar en bares. As restricións aos encontros entre non conviventes seguen sen cambios, cando menos, ata o 7 de agosto.
A Xunta aproba o límite de gasto dos seus Orzamentos para 2022, 11.571 millóns de euros, o que supón 8 millóns de euros máis que os consignados nas contas deste 2020, pero 93 millóns menos que o teito de gasto fixado o pasado ano. Este é o límite para o gasto non financeiro -exclúe a débeda- e pode manterse nestes niveis, os maiores da autonomía, polas inxeccións de fondos estatais e europeos, que neste caso inclúen tamén o mes de recadación do IVE pendente dende 2017. É aprobado unha vez que o Estado fixou o seu no último Consello de Ministros.