A Universidade de Santiago concede a Xosé Manuel Beiras o premio Luis Porteiro Garea polo seu "labor activo a prol da lingua galega" na súa faceta de profesor, catedrático e decano na propia USC. O xurado do galardón, outorgado por unanimidade, destaca tamén de Beiras "o seu compromiso co idioma galego na súa dilatada traxectoria de intervención na vida política do noso país", primeiro no PSG e posteriormente, no BNG e mais en Anova e AGE. [Imaxe: © Clara Coira / USC]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/beiras-dbc40b7.jpeg)