Traballadoras temporais das residencias de maiores de Galicia reclaman cambios nas súas condicións: "Non podemos máis". Solicitan unha reunión co presidente da Xunta para expoñerlle as súas demandas. Foto: CC BY-NC-NC Banc d'Imatges Infermeres.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/residencias-d8edf58.jpeg)
Traballadoras temporais das residencias de maiores de Galicia reclaman cambios nas súas condicións: "Non podemos máis". Solicitan unha reunión co presidente da Xunta para expoñerlle as súas demandas. Foto: CC BY-NC-NC Banc d'Imatges Infermeres.
A plataforma de vítimas de Angrois reclama ao Supremo a nova investigación técnica do accidente que vén demandando a UE. A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) vén negándose a facela e un tribunal condenouna a simplemente contestar a petición das vítimas, pero estas recorren agora en casación ao Supremo para que a xustiza obrigue a que a resposta sexa positiva.
A Fiscalía apoia o procesamento de Iberdrola que ditou a Audiencia Nacional por manipular as súas centrais hidroeléctricas no Sil e outros ríos para inflar os prezos da electricidade. No seu escrito de acusación, o Ministerio Público ve constatado que a eléctrica creou un "artificio" para inchar prezos e apoia xulgar a propia empresa e catro dos seus directivos. Na imaxe, o presidente de Iberdrola, Sánchez Galán, con Feijóo e o actual vicepresidente Conde nunha das centrais da empresa no Sil, no propio ano 2013.
O Consello de Ministros aproba o anteproxecto da lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e a garantía dos derechos das personas LGBTI, a coñecida como lei trans, que agora inicia trámite parlamentario. Entre as medidas incluídas na nova norma, destaca o Ministerio de Igualdade, inclúense un novo proceso para a "rectificación da mención relativa ao sexo" sen requisitos médicos ou a prohibición de "calquera método, programa ou terapia (...) destinada a modificar a orientación ou identidade sexual".
Seguimento total na primeira xornada de folga na conserveira Albo, en Celeiro, logo de que a propietaria anunciase o peche da fábrica e propuxese o traslado de todo o persoal ás súas instalacións en Salvaterra. As traballadoras piden que se manteña o emprego e a produción na Mariña.
O DOG publica os importes das subvencións da Xunta que recibiron as forzas políticas con representación parlamentaria durante o ano 2021 para gastos de funcionamento. Estas achegas están reguladas por unha lei do ano 2015 e son outorgadas en función do número de escanos e votos obtidos nas últimas eleccións galegas (neste caso, as de 2020).
Ecoloxistas en Acción levará a cabo unha Ecomarcha ciclista entre o 9 e o 24 de xullo, 15 días nos que 200 persoas irán percorrendo lugares ambientalmente agredidos para apoiar os colectivos veciñais que loitan "pola súa recuperación e o cese do desastre ecolóxico". Así, a marcha partirá de Pontevedra, onde se sumará a demanda social de “ENCE fóra da Ría”, e pasará polas minas de San Finx, en Lousame, ou polas zonas máis afectadas polo Prestige, 20 anos despois do desastre.
Este sábado péchase en Vigo o Congreso esLibre, un dos eventos tecnololóxicos e sobre cultura libre de maior relevancia estatal e internacional, que durante dous días xuntou na cidade olívica ducias de entidades e persoas expertas nos eidos do software e hardware libre. GALPon e AGASOL, actuaron como comunidades anfitrioas.
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos establece que o aborto non é un dereito constitucional e deixa a súa regulación en mans de cada estado. Aquí o enlace directo á sentenza en PDF en inglés.
Os servizos de emerxencia atenderon 221 incidencias entre as oito da tarde e as oito da mañá desta noite de San Xoán. O 112 cuantifica 142 asistencias sanitarias, 61 operativos de Protección Civil e 18 incendios menores. Entre as incidencias máis destacadas, unha menor resultou ferida ao alcanzarlle a cara o lume dunha cacharela en Narón e na Coruña os bombeiros actuaron nunha fogueira descontrolada na Praza da Sardiñeira que queimou uns cables e herba.