Un xulgado da Coruña obriga a Ryanair a indemnizar con "case 2.000 euros" a dúas pasaxeiras por un atraso de seis horas nun voo Santiago-Madrid. Segundo informa a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), da que ambas son socias, a aeroliña inicialmente aboou 250 euros pola demora, pero a sentenza obrígaa a "facerse cargo dos danos e prexuízos" derivados dela, como a perda doutros voos e dos servizos hoteleiros contratados no destino.
