Esta fin de semana comezou o Festival Intercéltico de Lorient, onde Galicia é o país convidado e no que a música galega é a protagonista, con ducias de actuacións.
Fálase
Touradas Fóra de Pontevedra cualifica de "fracaso absoluto" a escasa asistencia á 'becerrada' que abriu a Feira da Peregrina, que este ano organiza unicamente dúas corridas de touros, que terán lugar a vindeira fin de semana. O sábado 10 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade pedindo a fin deste espectáculo de tortura animal
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
As protestas do persoal da CRTVG mobilizado na plataforma Defende a Galega chegaron este venres á semana número 63, na que segue a reivindicación de cumprimento íntegro da lei dos medios públicos. Na imaxe, persoal da delegación da Coruña.
Compostela recibiu este venres o peregrino 200.000 do que vai de ano, cifra que se acada 12 días antes que en 2018 e tres semanas antes que en 2017. Hai uns días Feijóo apelou a unha “era xacobea” cun “Xacobeo de 5.000 días” na presentación dun plan estratéxico que reflicte a masificación como principal aspecto negativo.
Esta fin de semana celébrase en Barreiros o XXXVIII Festival Folclórico Internacional do Emigrante, festa de interese turístico galego con grupos este ano de Rusia, Tahití e Canarias.
O ciclo Atardecer no Gaiás da Cidade da Cultura conta esta noitiña, ás 21 horas, con Malraio, cos que VINTE vén de almorzar no seu local de ensaio no polígono do Tambre
Falece o alcalde do Irixo, Manuel Penedo (PP). Penedo gobernaba este concello ourensán dende 1987, primeiro con Coalición Progresista, despois con Centristas de Galicia e dende 1995, co PP. O pasado 26M o PP logrou a maioría absoluta neste municipio, con 6 dos 9 edís da corporación. (Na imaxe, Penedo en 2012).
As inscricións nas oficinas de emprego reducíronse en 4.328 en Galicia durante o mes de xullo, ata as 150.921; son 12.491 menos que hai un ano. No mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en Galicia en 12.290; son 15.937 persoas máis de media cotizando que un ano antes e a cifra total queda en 1,04 millóns. Máis información, hoxe en Praza.gal.
O Banco de España vén de concluír que os prezos do alugueiro de vivendas subiron na contorna do 50% en media década. Ao centrarse só en capitais de provincia o estudo ten un alcance limitado para Galicia, se ben as principais cifras van na mesma dirección que as do Observatorio da Vivenda de Galicia, que detecta subas especialmente intensas en Vigo e A Coruña.