Bruxelas alerta a España de que non cumpre cos obxectivos de gasto nin de déficit polo "carácter provisional do Goberno"

Bruxelas alerta a España de que non cumpre cos obxectivos de gasto nin de déficit polo "carácter provisional do Goberno"
O Partido Liberal de Justin Trudeau vence nas eleccións de Canadá co 33% dos votos, aínda que sen maioría absoluta, polo que precisará pactos con formacións como o Partido pola Independencia do Quebec.
O reconto electoral en Bolivia sitúa como vencedor a Evo Morales co 46% dos votos, o que evitaría ter que concorrer a unha segunda volta. O principal partido da oposición asegura que denuncia o resultado por "fraude".
O que arde supera as 30.000 entradas vendidas tras dez días nas salas comerciais. O filme de Oliver Laxe acada na súa segunda semana unha media de máis de 200 espectadores por copia, o que o sitúa "como o título con mellor promedio de mantemento porcentual na carteleira actual", destacan dende Numax Distribución. (Imaxe: Numax)
As obras do AVE, xa na súa última fase, afectarán á vía actual e obrigarán a desviar os viaxeiros novamente en autobús entre Zamora e Ourense do 5 ao 28 de novembro. Os traballos xa obrigaron a cortes da circulación de varios días en maio e a comezos deste mes de outubro e os trens terán a velocidade limitada en varios puntos cando se abran os novos treitos.
Franco será exhumado este xoves 24 de outubro ás 10.30 horas. O Goberno central vén de informar da data e a hora do traslado dos restos do dictador do Valle de los Caídos ao cemiterio de Mingorrubio (Madrid).
O PP segue en ascenso cara ao 10N segundo a última enquisa para eldiario.es de Celeste-Tel, na que o PSOE estáncase e Ciudadanos e Vox empatan na cuarta praza. O resultado por bloques esquerda/dereita sería similar ao das eleccións de abril.
A manifestación 'Por un monte galego con futuro' percorre xa as rúas de Compostela. A marcha, convocada por unha vintena de entidades, reclama a defensa do monte veciñal e da súa xestión multifuncional, o freo do monocultivo de eucalipto e a loita por un medio rural vivo.
Bolivia celebra eleccións este domingo. Evo Morales busca o seu cuarto mandato e aparece destacado nas enquisas, pero podería ter que acudir a unha segunda volta por primeira vez dende a súa chegada ao goberno en 2006. O seu principal rival é o expresidente Carlos Mesa
Boris Johnson pide unha terceira prórroga do Brexit, obrigado polo Parlamento británico. A consumación da saída do país da UE o 31 de outubro -prometida por Johnson- semella improbable, pero agora deben ser as autoridades europeas as que decidan se conceden a prórroga y de que extensión