As obras do AVE, xa na súa última fase, afectarán á vía actual e obrigarán a desviar os viaxeiros novamente en autobús entre Zamora e Ourense do 5 ao 28 de novembro. Os traballos xa obrigaron a cortes da circulación de varios días en maio e a comezos deste mes de outubro e os trens terán a velocidade limitada en varios puntos cando se abran os novos treitos.
